Curso sobre o Caderno Dixital Agrario en Zas
- Admin
- 10 sept
- 1 Min. de lectura
Vimianzo, 10 de setembro de 2025
Dentro do programa formativo que o GDR Costa da Morte desenvolve para a presente anualidade, organízase un novo curso práctico sobre o Caderno Dixital Agrario, que se iniciará no vindeiro mes de outubro, con inicio previsto para o mércores 8 de outubro e que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Baio, en horario de tarde.
A sesión está dirixida a persoas agricultoras e gandeiras que desexen aprender a utilizar esta ferramenta obrigatoria para a xestión das explotacións, coñecer os requisitos normativos actuais e resolver dúbidas prácticas sobre a súa aplicación.
Esta acción formativa comezará o 8 de outubro e estenderanse ata o 29 de outubro en horario de tarde (15:00 h - 19:00 h) celebrándose unha xornada por semana coa seguinte distribución e programa:
Introdución e Fundamentos: mércores 08/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 15/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 22/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Análise e Optimización: mércores 29/10/2025; horario de 15:00 a 18:00 horas
O curso é gratuito, con prazas limitadas, e require INSCRICIÓN PREVIA.
Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Máis información e inscricións:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook































Comentarios