top of page

Curso sobre o Caderno Dixital Agrario en Vimianzo

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • hace 27 minutos
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo, 17 de xullo de 2025


O GDR Costa da Morte continúa coa súa programación formativa para este 2025 cun novo curso práctico sobre o Caderno Dixital Agrario, que se iniciará no mes de setembro, concretamente o seu inicio está previsto para o mércores 10 de setembro e desenvolverase na Casa da Cultura de Vimianzo, en horario de tarde.


A sesión está dirixida a persoas agricultoras e gandeiras que desexen aprender a utilizar esta ferramenta obrigatoria para a xestión das explotacións, coñecer os requisitos normativos actuais e resolver dúbidas prácticas sobre a súa aplicación.


Esta acción formativa comezará o 10 de setembro e estenderanse ata o 1 de outubro en horario de tarde (15:00 h - 19:00 h) celebrándose unha xornada por semana coa seguinte distribución e programa:

  • Introdución e Fundamentos: mércores 10/09/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas

  • Uso de Software e Ferramentas: mércores 17/09/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas

  • Uso de Software e Ferramentas: mércores 24/09/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas

  • Análise e Optimización: mércores 01/10/2025; horario de 15:00 a 18:00 horas


O curso é gratuito, con prazas limitadas, e require INSCRICIÓN PREVIA.

Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.



Máis información e inscricións:


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



 
 
 

コメント


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page