top of page

ALTERNATIVAS DE XESTIÓN AO MINIFUNDIO FORESTAL

Vimianzo. 9 de agosto de 2021


Dentro da programación de accións de transferencia de coñecementos e información da Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020; a AGADER convoca unha acción no noso territorio denominada "Alternativas de Xestión ao Minifundio Forestal" segundo proposta do noso Grupo que foi aceptada e incluida nesta programación.

A acción vai destinada a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal - madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.


O obxectivo principal é dar a coñecer os cultivos alternativos ás principais especies forestais e a importancia do Asociacionismo forestal como solución ao minifundio galego, adquirindo coñecementos técnicos e profesionais para establecer e poñer en funcionamento estas alternativas.


A formación planifícase en 7 sesións cun total de 44 horas de curso incluíndo dúas viaxes prácticas. Levaranse a cabo 3 cursos idénticos en 3 localizacións distintas da Costa da Morte: en Vimianzo do 29 de setembro ata o 9 de outubro; en Camariñas do 13 de outubro ata o 23 de outubro; en Buño (Malpica de Bergantiños) do 27 de outubro ata o 6 de novembro.


As prazas son limitadas. Poderanse facer as reservas de praza para participación nos cursos en: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com; informacion@foresin.es ou chamando ao telf.: 981 71 73 58


DOCUMENTACIÓN:

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page