top of page

A marca "Costa da Morte - Terra Atlántica" pon en valor a gastronomía de 9 romarías do territorio

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • hace 11 minutos
  • 2 Min. de lectura



Vimianzo, 31 de outubro de 2025


O pasado mércores celebrouse, no IES Ramón Caamaño de Muxía unha Xornada de Exaltación de 9 Romarías da Costa da Morte. Unha campaña artellada plo GDR Costa da Morte a través da Marca de territorio "Terra Atlántica", que trata de poñer en valor as nosas festas tradicionais e a nosa gastronomía singular; unha acción que trata de reforzar a identidade e consolidación da Costa da Morte e do traballo en rede de sectores centrais no territorio como son o agro, a artesanía e o seu patrimonio cultural.


Unhas 30 persoas, entre responsables técnicos e políticos dos diferentes Concellos, así como representantes das Comisións de Festas, recolleron a testemuña de promover as festividades locais tendo en conta o produto alimentario de proximidade e a artesanía local, así como a importancia da implicación dos profesionais da restauración.


9 romerías, 9 propostas gastronómicas

As 9 Romarías da Costa da Morte escollidas nesta ocasión, para esta campaña son: Laxe (Festa do Peñón), Coristanco (San Adrián de Verdes), Zas (Sta. Margarita de Muíño), Dumbría (Festa da Familia), Cee (Virxe da Xunqueira), Corcubión (Saber de aldea), Fisterra (Festa do Longueirón), Mazaricos (Virxe do Monte) e Carnota.

Para a presentación e degustación destas propostas gastronómicas deseñouse unha edición limitada de elementos artesanais promocionais de pano de liño do artesanado local coa imaxe das romarías ou festividades de cada localidade. Para poñelas en valor o propio profesorado e o alumnado da rama de FP de Hostalería do IES Ramón Caamaño elaboraron 9 propostas gastronómicas novas ou complementarias ás existentes baseadas nas Romarías da Costa da Morte, e en propostas que combinen a tradición e a innovación gastronómica.


Cos resultados da xornada, dende o GDR Costa da Morte, elaborarase un dossier coas diferentes propostas gastronómicas para a súa divulgación.

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page