top of page

A Asociación Costa da Morte GDR aprobou o cadro financeiro das axudas LEADER convocatoria 2021-2022

Vimianzo, 27 de Abril de 2021. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- na reunión, celebrada o pasado 22 de marzo, tomou os seguintes acordos:

1.- Aprobouse o cadro financeiro da convocatoria 2021-2022.

De momento non foi publicado no DOG os fondos exactos que hai para cada GDR para a convocatoria 2021-2022 (sabemos que hai para toda Galicia uns 13.000.000€, un 40% anualidade 2021 e 60% anualidade 2022)

Por unanimidade dos presentes aprobouse o cadro financeiro para a convocatoria 2021-2022 coa seguinte distribución: 65% para proxectos produtivos e 35% para proxectos non produtivos (25% de Concellos e 10% de Asociacións). As cifras finais/definitivas saberanse unha vez que Agader publique no DOG os fondos que lle corresponde a cada GDR, que previsiblemente será a finais do mes de abril.


2.- Aprobación das contas anuais do ano 2020

Logo de expoñerse as contas anuais, balances e conta de perdas e ganancias, estas son validadas e aprobadas por unanimidade dos presentes para a súa elevación e aprobación definitiva na Asemblea Xeral Ordinaria.

O excedente do exercicio ascende á cantidade de 6.230,55 €; o total de activo e pasivo recolle un importe de 62.297,28 €.


3.- Aprobación dos orzamentos do ano 2021

Logo de expoñerse os presupostos de ingresos e gastos previstos para 2021 estes foron validados e aprobados por unanimidade dos presentes para a súa elevación e aprobación definitiva na Asemblea Xeral Ordinaria.

O orzamento de ingresos e gastos de funcionamento ascenden a 121.000€ e os de Promoción e Animación ascenden a 31.013,94€


4.- Aprobación dos proxectos de Promoción e Animación

Os membros da Xunta Directiva aprobaron por unanimidade 4 proxectos de promoción e animación:

- “Campaña de Difusión de Axudas LEADER convocatoria 2021-2022”

- “Xornadas Online de promoción e sensibilización, menús temporada calor para comedores escolares saudables e sostibles con circuítos curtos de comercialización”

- “Consolidando a Marca do Territorio Costa da Morte-Terra Atlántica”

- “Mapa Interactivo do Territorio GDR Costa da Morte 2021”


5.- Modificación das Normas de Xestión da EDLP

En relación coa modificación de Bases Reguladoras do programa LEADER 2014-2020 para dar cabida a posibles proxectos relacionados coa nova Lei de Recuperación de Terras, que foi publicada no DOG o 18/03/2021, na que se inclúen unha nova tipoloxía de investimentos elixibles:


Os novos investimentos que serían admisibles estarían relacionados con proxectos de mobilización ou recuperación de terras regulados na normativa vixente, así como as actuacións no solo de núcleo rural das aldeas modelo. Así mesmo, poderían ser elixibles as actuacións de produción agraria en aldeas modelo, proxectos de mobilidade de terras, permutas de predios agroforestáis ou outros instrumentos de mobilización ou recuperación da terra agraria.


Os membros da Xunta Directiva aprobaron por unanimidade engadir algúns criterios nas Normas de Xestión da EDLP para tratar de destacar a nova tipoloxía de proxectos incluída nas bases modificadas por AGADER. Así mesmo, AGADER aprobou as Novas Normas de Xestión da EDLP do GDR Costa da Morte.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page