top of page

Terra Atlántica anuncia os gañadores do seu concurso de fotografía e vídeo “Que é para ti a Costa da


O I Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Que é para ti a Costa da Morte?’, primeiro organizado pola marca territorio «Costa da Morte - Terra Atlántica», resolveuse o pasado xoves 10 de setembro tras reunirse o xurado en Baio e decidir a concesión dos premios.

Este xurado, formado por José Manuel López, Secretario do GDR Costa da Morte; Javier González, Vicepresidente do GDR Costa da Morte; Jesús Picallo, representante do Semáforo de Fisterra, empresa adherida á marca; Begoña Fernández, xerente de Stoupa, empresa adherida á marca; e Ana García, xornalista; tivo difícil a elección entre as 52 pezas participantes, divididas en dúas categorías: fotografía e vídeo. Esta decisión do xurado sumábase á do público, quen a través de votacións decidía tamén un premio en cada unha desas categorías, facendo un total de catro galardóns.

O concurso, que se desenvolveu na rede social Instragram, tiña por obxectivo poñer en valor a Costa da Morte e valoraba que se capturasen a identidade, valores emocionais ou características desta terra.

As obras gañadoras son autoría de @mgrilles, @o_rincon_do_bichinho, @garciafatima23 e @lo0opezz. Os premios, consistentes en tablets e smartphones, entregaranse nunha cerimonia cuxa data se anunciará proximamente.

 

DESCARGAS_

 

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page