top of page

A COSTA DAS MULLERES. EXPERIENCIAS DE MULLERES DA COSTA DA MORTE


Un total de oito pezas audiovisuais compoñen o proxecto A Costa das Mulleres, un proxecto impulsado pola asociación Costa da Morte – GDR e pola asociación GDR de Galicia. Os vídeos contan cun mesmo fío condutor, o papel das mulleres na costa da morte, dende diferentes perspectivas laborais e vitais.

O obxectivo principal desta acción é recoñecer ás mulleres desta comarca e o seu papel no desenvolvemento social e económico da Costa da Morte, entendendo que a maior parte das veces os papeis femininos son menos visibles que os dos homes.

O proxecto contou coa colaboración especial de nove mulleres que xenerosamente nos abriron as portas das súas vidas. Loli, Lucía e Liana, Isabel, Dorinda, Florentina, Pepita, Teresa e Carmen.

Este proxecto, contou co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e forma parte do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural para actividades relacionadas coa loita contra a violencia xénero.

 

ENLACES_

 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page