Primeiro Encontro sobre a Marca de Calidade do Territorio Costa da Morte.
30 de xuño
Dende as 10:00 ás 13:00 horas no Auditorio Municipal de Baio.
A Asociación Costa da Morte – GDR está apoiando a creación dunha marca de calidade do territorio, que reforce e poña en valor o traballo que veñen desenvolvendo moitas institucións, entidades e empresas da zona, ben na prestación de servizos, na produción de produtos, ou en xeral, na defensa dos intereses da zona.
Con este motivo, queremos convidar a todo o mundo ao Primeiro Encontro sobre a Marca de Calidade do Territorio Costa da Morte.
Nesta reunión imos debater o regulamento de dita marca, co obxectivo de incorporar as achegas de quen asista a reunión, de cara ao seu rexistro. Tamén presentaremos a imaxe gráfica e o nome da marca no que estivemos traballando.
A reunión será aberta a todas as entidades e persoas, para o cal animamos a que participe quen queira no Encontro e se difunda esta información.
Confirmación de asistencia en: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com
ou no teléfono 981 71 73 58.