Nova Asemblea Xeral Ordinaria.
A Asociación Costa da Morte GDR celebra o próximo Venres, 02 de Xuño, unha Asemblea Xeral Ordinaria. Esta terá lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas), e dará comezo ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria.
Na orde do día figuran os seguintes puntos:
> Lectura e aprobación, se procede, da acta de sesión anterior.
> Aprobación, se procede das contas anuais do ano 2016
> Aprobación, se procede, do orzamento do ano 2017
> Aprobación, se procede, do informe de xestión do ano 2016
> Programa Leader 2014-2020
> Informes de Presidencia.
> Rogos e preguntas.