top of page

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "A COSTA DAS MULLERES 2020" NA CASA DA CULTURA DE VIMIANZO


Vimianzo, 2 de setembro de 2020.

A Asociación Costa da Morte GDR presentou na casa da cultura de Vimianzo o proxecto #acostadasmulleres2020, é un proxecto audiovisual que busca amosar as experiencias e vivencias de 9 mulleres da Costa da Morte.

Ao longo de moito tempo as mulleres da Costa da Morte tiveron (e teñen) un papel importantísimo no desenvolvemento social, económico e cultural do lugar que habitamos. Crearase un documental con todas estas historias en torno A Costa da Morte.

Este proxecto é parte dunha iniciativa que tratará de impulsar e sensibilizar a importancia da muller no rural e ademáis dunha segunda liña que abordará a igualdade de xénero con actividades, material audiovisual e xornadas para impulsar esta iniciativa.


Iniciativa impulsada pola Asociación Costa da Morte composta por 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Concello de Camariñas, Concello de Carballo, Concello de Carnota, Concello de Cee, Concello de Corcubión, Concello de Coristanco, Concello de Dumbría, Concello de Fisterra, Concello da Laracha, Concello de Laxe, Concello de Malpica de Bergantiños, Concello de Mazaricos, Concello de Muxia, Concello de Ponteceso, Concello de Vimianzo e Concello de Zas.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page