

"COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA" NA TELEVISIÓN DE GALICIA.
A partir do día de hoxe (19 de novembro) e ata o 10 de decembro deste ano, emitiranse spots relativos á marca de calidade "Costa da Morte - Terra Atlántica" na Televisión Autonómica co fin de continuar coa promoción do territorio e da propia marca co obxectivo de xerar o maior impacto posible nestes primeiros meses de funcionamento do distintivo. Os horarios de emisión dos spots son os que se detallan na seguinte táboa: ENLACES_ > Terratlantica.gal > Vídeo promocional


REUNIÓN INFORMATIVA NA COSTA DA MORTE SOBRE O PROXECTO "ECOCOMEDORES".
O pasado mércores 6 de novembro, ás 17:00h, no Centro Sociocultural de Baio o GDR Costa da Morte organizou unha reunión informativa sobre o proxecto "Ecocomedores". A raíz dunha xornada que se celebrara anteriormente na Picota sobre Comedores Escolares na Costa da Morte e, en base ao plantexado na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada polo GDR para concorrer e conseguir as axudas LEADER para este territorio, concluíuse que nos colexios da zona deberíase


PRESENTACIÓN DA MARCA DE TERRITORIO "COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA".
O pasado xoves 24 de outubro o Faro Vilán acolleu a presentación da marca territorio, na que contamos coas intervencións de Olga Campos, Presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas; Manuel Muíño, Presidente do Gdr Costa da Morte; Encarna Liñeiro, Concelleira de Cultura do Concello de Camariñas e con Javier Blanco, Subdirector de Relacións cos GDRs de AGADER. Na presentación participaron tamén a maioría das empresas que xa forman parte de Terra Atlántica ou que están


A COSTA DAS MULLERES. EXPERIENCIAS DE MULLERES DA COSTA DA MORTE
Un total de oito pezas audiovisuais compoñen o proxecto A Costa das Mulleres, un proxecto impulsado pola asociación Costa da Morte – GDR e pola asociación GDR de Galicia. Os vídeos contan cun mesmo fío condutor, o papel das mulleres na costa da morte, dende diferentes perspectivas laborais e vitais. O obxectivo principal desta acción é recoñecer ás mulleres desta comarca e o seu papel no desenvolvemento social e económico da Costa da Morte, entendendo que a maior parte das ve