top of page

O 11 DE FEBREIRO ARRANCA A NOVA EDICIÓN DA UNIVERSIDADE SENIOR NA COSTA DA MORTE

Vimianzo 10 de febreiro de 2025


O martes 11 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte. Nesta edición, están matriculadas máis de 60 persoas.


A Universidade Sénior da UDC, co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e o Concello de Zas, pon en marcha este Programa de Formación Universitaria, que se desenvolverá entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas).


Un total de 66 alumnos e alumnas, procedentes de oito concellos da Costa da Morte, participarán neste ciclo formativo, que será inaugurado o 11 de febreiro coa presenza da Directora da Universidade Sénior e do Alcalde do Concello de Zas.


O programa estrutúrase en tres módulos, con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dous días á semana. As sesións abordarán diversas temáticas de interese:


MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

• 11 de febreiro – A Dirección Artística no Cine | Profa. Victoria de León Sanjuán

• 12 de febreiro – A conduta económica: limitacións do modelo do Homo Economicus | Prof. José López Rodríguez

• 18 de febreiro – Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros | Profa. Elena Martín Cancela


MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

• 25 de febreiro – (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión | Prof. Sergio Rodríguez Roiloa

• 26 de febreiro – ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes | Profa. Gloria Mª González Fortes

• 5 de marzo – Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas | Prof. Álvaro Michelena Grandío


MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

• 11 de marzo – Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes | Prof. Luis Saleta Canosa

• 12 de marzo – O Cambio Climático: causas e consecuencias | Prof. Salvador Fojón Polanco

• 18 de marzo – Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico | Prof. Carlos Freire Rodríguez


Clausura e xornada cultural na Coruña

O programa formativo finalizará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o 19 de marzo de 2025.


Con este programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, coa intención de seguir dando resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas, como vén facendo desde a súa primeira edición no ano 2018.

 

DESCARGAS_

 

MÁIS INFORMACIÓN_

> Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte

> No Concello de Zas: Isabel Agra Pose

> T. 981708303- Ext 25

> isabel.agra@concellodezas.org)

 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page