top of page

Nova edición "Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte" (Universidade Senior)

Vimianzo 10 de febreiro de 2023

A Universidade Sénior pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte”, a 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas).


A Universidade Sénior, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural "Asociación Costa da Morte - GDR", pon en marcha en 2023 unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, para a formación universitaria de persoas maiores de 50 anos na Costa da Morte.


A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ ) ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 6 ata o 19 de febreiro.


A ligazón para a inscripción é a seguinte:

· Ligazón ao espazo web para información e inscrición: https://universidadesenior.org/costa-da-morte/


O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE • “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón. 22 de febreiro, de 17 a 19 h. • “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez. 23 de febreiro, de 17 a 19 h. • “Arquitectura con minúsculas, novas sensibilidades tardomodernas”. Prof. Fernando Agrasar Quiroga. 1 de marzo, de 17 a 19 h. • Visita cultural na contorna da Costa da Morte. 3 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.

MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA • “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Ma Cristina Naya Riveiro. 8 de marzo, de 17 a 19 h. • “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía al longo da Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 9 de marzo, de 17 a 19 h. • “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte. 15 de marzo, de 17 a 19 h. • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 16 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR • “Hábitos saudables: estou facéndoo ben?”. Prof. Esther Fernández Fernández. 22 de marzo de 2022, de 17 a 19 h. • “Benestar, vulnerabilidade e coidados”. Prof. Antía Pérez Caramés. 23 de marzo, de 17 a 19 h. • “Tecnoloxía para a saúde e a vida activa”. Prof. Betania Groba Martínez e Laura Nieto Riveiro. 29 de marzo, de 17 a 19 h.

• Sesión práctica. 30 de marzo, de 17 a 19 h.


As palestras serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.


De xeito presencial a inscrición poderá realizarse a través dos Axentes de Desenvolvemento Local en cada ún dos Concellos que forman parte do GDR “Costa da Morte”, baixo a coordinación de:

Isabel Agra Pose (ADL do Concello de Zas) isabel.agra@concellodezas.org 981708303 Ext. 25 En horario de 9:00 a 14:30


As persoas interesadas tamén poden solicitar información e apoio para a inscrición na Secretaría da Universidade Sénior da Coruña:

Francisco Ascón Belver (Universidade Sénior) udc.senior.comarcas@udc.es 981167000 Ext. 4508 En horario de:

Luns, martes e venres: de 9:00 a 14:30 horas

Mércores e xoves: de 16:00 a 19:30 horas

 

DESCARGAS_

 

MÁIS INFORMACIÓN_

> Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte

> No Concello de Zas: Isabel Agra Pose

> T. 981708303- Ext 25

> isabel.agra@concellodezas.org)

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page