A COSTA DAS MULLERES. DOCUMENTAL
Vimianzo, 12 de novembro de 2020
A Costa das Mulleres é un proxecto audiovisual que busca amosar ao resto da sociedade o rol das mulleres, creando consciencia das autorías, das vidas e das historias das referentes locais e comarcais da Costa da Morte.
Trátase dunha iniciativa que está impulsada pola asociación GDR Costa da Morte composta por 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
Co proxecto que se está levando a cabo actualmente, quérese dar continuidade ao proxecto iniciado o ano pasado, coa incorporación de novas gravacións de vídeos de mulleres nos 9 concellos restantes, para completar así os 17 concellos que conforman o ámbito de actuación do GDR na Costa da Morte.
Así mesmo, preténdese concienciar e identificar a violencia de xénero, sobre todo na xuventude e facer un programa para difundir nos centros educativos e medios de comunicación en conxunto, con xogos educativos con preguntas para os nenos e onde poden interactuar entre eles e concienciarse ao mesmo tempo.
As actuacións realizadas ao abeiro deste proxecto son as seguintes:
- Gravación de 9 microvídeos de mulleres nos 9 concellos restantes coa temática da muller rural.
- Creación da marca "Na Costa da Morte, rompemos o silencio". Imaxe corporativa incorporada en material divulgativo e camisetas.
- Documental sobre o traballo realizado para o proxecto "Na Costa da Morte, rompemos o silencio" coa participación de diversos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero, para chamar a atención de mozos e mozas sobre as distintas problemáticas arredor desta temática.
- Creación de xogos interactivos con cuestións relacionas sobre o coñecemento e recoñecemento da violencia de xénero e o ciberacoso.
ENLACES_VIDEO:
ENLACES_XOGOS:
Comments