Charlas Informativas sobre as Axudas Leader para o territorio da Asociación Costa da Morte GDR


Os vindeiros días 20, 21, 22 e 23 de marzo vanse celebrar unhas charlas informativas sobre as Axudas do Programa Leader Galicia 2014 – 2020 para o territorio da Asociación Costa da Morte – GDR.

Adxuntamos cartel informativo.

Poderá asistir a elas calquera persoa interesada.

O prazo para presentar solicitudes xa está aberto dende o 31/01/2017 e vai haber 2 convocatorias para resolver expedientes:

- A 1ª ata o 31/03/2017

- A 2ª ata o 31/05/2017

Polo tanto, calquera persoa ou entidade que teña en mente levar a cabo un proxecto xa pode presentar a solicitude de axuda.

Infórmase tamén que a Asociación Costa da Morte- GDR ten 2 oficinas para atender as persoas interesadas en informarse ou solicitar as axudas:

Edificio de Servizos Múltiples

Rúa A Torre, s/n – 15129 Vimianzo

Tlf: 981 71 73 58 – 678 648 065

Centro Comarcal de Bergantiños

A Camposa, s/n – Buño – Malpica de Bergantiños

Tlf: 608 633 222

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222