TERRA ATLÁNTICA LANZARÁ EN XULLO UN CONCURSO EN INSTAGRAM PARA CENTROS DE ENSINO.

June 22, 2020

 

A marca Costa da Morte Terra Atlántica lanzará o próximo 1 de xullo un concurso en redes sociais, no que poderá participar todo o alumnado matriculado durante o curso 2019-20 nos centros de ensino dos 17 concellos que forman parte do GDR Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

 

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a Costa da Morte, capturando a identidade, valores emocionais ou características desta terra a partir das imaxes e vídeos que suman as persoas usuarias.


Pódense descargar as bases e demáis documentación relacionada co concurso nos seguintes enlaces:

DESCARGAS_

> Bases Concurso Instagram

> Resumo das bases

> Consentimento menores de idade

> Cartel do Concurso

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

XORNADA SOBRE COMUNICACIÓN E MARKETING DIXITAL PARA EMPRESAS DA MARCA "COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA.

July 10, 2020

1/5
Please reload

Entradas recientes