Programa Ecocomedores-km Costa da Morte. Degustación en Familia.
Vimianzo, 11 de outubro de 2022

Dentro do proxecto de Ecocomedores - Km Costa da Morte, promovido polo Gdr Costadamorte, o vindeiro 15 de outubro (de 13:30 a 14:30 horas) celebrarase no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, unha xornada de degustación en familia dun menú escolar máis sostible.
Este programa ten como obxectivo o de impulsar un circuíto curto en Costa da Morte para o abastecemento das cociñas colectivas dos colexios, xerando un compromiso coa produción ecolóxica e de proximidade. Co proxecto, preténdese promover o consumo de produtos do territorio, máis sostibles e saudables, nos colexios onde teñan servizo de comedor.
A intención é que estes primeiros colexios “piloto” sirvan de exemplo para outros colexios e produtores/as da zona e que pouco a pouco se vaia incrementando o consumo de produto local nas cociñas de colectividades.
A actividade é gratuíta e para participar, cómpre inscribirse aquí.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments