Nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte (Universidade Sénior)
Vimianzo 4 de febreiro de 2022

A Universidade Sénior pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 4ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e abril, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e abril, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 7 ata o 20 de febreiro.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL
“Língua e Literatura Galegas”. X. López Viñas. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
“Camiños da Arte Contemporánea”. J. Ramón Soraluce Blond. 24 de febreiro, de 17 a 19 h.
“Catro Etapas da Arquitectura Antiga de Galicia”. Álvaro J. Iglesias Maceiras. 2 de marzo, de 17 a 19 h.
Visita cultural no entorno da Costa da Morte. 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE
“Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental”. M. Soto Castiñeiras. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
“Agronomía do Mar”. J. Cremades Ugarte. 10 de marzo, de 17 a 19 h.
“Agronomía Terrestre”. Federico Pomar Barbeito. 16 de marzo, de 17 a 19 h.
Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 18 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR
“Viaxe cara un Sono mellor”. C. de Labra Pinedo. 23 de marzo de 2022, de 17 a 19 h.
“Coidamos no Fogar: Estratexias para Coidadores de Persoas Dependentes”. Ivan de Rosende Celeiro. 24 de marzo, de 17 a 19 h.
“Educación para a Saúde: Exercicio Terapéutico”. Isabel Raposo Vidal. 30 de marzo, de 17 a 19 h.
Sesión práctica de Exercicio Terapéutico. 1 de abril, de 10:30 a 13:30 h.
O día 31 de marzo, a partir das 17 horas, terá lugar o Acto de clausura coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez, e farase a entrega de diplomas ós participantes.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.
DESCARGAS_
MÁIS INFORMACIÓN_
> Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte
> T. 981708303- Ext 25
> isabel.agra@concellodezas.org)
Comments