Costa da Morte-TerraAtlántica celebra un Showcooking da man de Beatriz Sotelo
Vimianzo, 11 de outubro de 2022
Costa da Morte-Terra Atlántica segue con iniciativas para por en valor a riqueza do territorio e a mostrar todo o seu patrimonio cultural e ambiental.
Despois das diversas accións e dos eventos que se levaron a cabo dende a primavera deste ano, como o Laboratorio Artístico celebrado no Ecomuseo Forno do Forte de Buño o pasado mes de xuño ou o Concurso Aventura en agosto, clausuramos esta tempada coa celebración dun Showcooking da man da Chef do grupo Nove, Beatriz Sotelo, que nos fará unha mostra de diferentes receitas sinxelas e deliciosas que se poden preparar cos produtos da zona e, que proveñen de produtores que están asociados á Marca.
A intención de todas as accións e eventos que organizamos é amosar as numerosas posibilidades que existen na Costa da Morte para divertirse, entreterse e gozar. Neste caso, pechamos cun evento gastronómico para potenciar os marabillosos produtos que temos no Territorio e baixo a man dos produtores adheridos á Marca.
PARTICIPACIÓN
O evento celébrase o sábado 15 de Outubro nas Torres do Allo (Zas) de 12:00 a 14:00/15:00 horas da tarde.
Para poder asistir é preciso mandar un correo electrónico cos datos persoais a comunicacion@terratlantica.gal. O aforo é limitado. O acceso ao evento será por orde de entrada dos correos electrónicos. Para asistir ao día do evento é preciso ter o convite de confirmación remitido pola organización.
Con esta iniciativa queremos darlle visibilidade a todas as empresas que pertencen á marca e a todos os produtos e servizos da Costa da Morte, ademais de seguir medrando e conseguir ser unha Marca do territorio líder.
Comments