top of page

CAMPAÑA "O RURAL VIVE - VIVE O RURAL". SORTEO DE PEZAS DE ARTESANÍA.

Vimianzo, 17 de novembro de 2020

No marco das accións desenvolvidas a raíz da campaña de promoción iniciada en xuño polos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia denominada "O rural vive, Vive o rural", coa que se pretende seguir reivindicando o protagonismo e a reactivación do territorio rural galego, ponse en marcha unha nova iniciativa de promoción dos produtos dos territorios rurais enmarcados dentro dos GDR de Galicia, a través dun SORTEO de produtos e servizos de cada territorio entre o público en xeral nas redes sociais.

O Gdr Costadamorte ofrece a través desta iniciativa dúas pezas de artesanía do territorio que sorteará o vindeiro día 23 de novembro: un mantel de tea de liño con "puntilla" de Camariñas feita tamén con fío de liño e un porrón de rosca ou de timón (olería tradicional de Buño). Para participar no sorteo tan só hai que darlle un #gústame á publicación orixinal de cada un deles. Moita sorte aos participantes! O RURAL VIVE...



 

ENLACES_

 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page