Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Costa da Morte - GDR
Vimianzo. 26 de xuño de 2021
O pasado sábado 26 de xuño celebrouse no Centro Socio-cultural de Baio a Asemblea Xeral Ordinaria do GDR Costa da Morte, na cal se adoptaron os seguintes acordos:
1.- Aprobouse a acta da sesión anterior (do 18/07/2020)
2.- Aprobación das contas anuais do ano 2020
Logo de expoñerse as contas anuais, balances e conta de perdas e ganancias, son validadas e aprobadas por unanimidade dos presentes.
O excedente do exercicio ascende á cantidade de 6.230,55 €; o total de activo e pasivo recolle un importe de 62.297,28 €.
3.- Aprobación dos orzamentos do ano 2021
Logo de expoñerse os presupostos de ingresos e gastos previstos para 2021 foron validados e aprobados por unanimidade dos presentes.
O orzamento de ingresos e gastos de funcionamento ascenden a 121.000€ e os de Promoción e Animación ascenden a 31.013,94€
4.- Aprobación do Informe de Xestión do Ano 2020
Logo de explicar o Informe de Xestión do 2020, que xa se lles había remitido aos socios coa convocatoria, foi aprobado por unanimidade dos presentes.
5.- Programa Leader
Informóuselle aos socios sobre os 4 proxectos de promoción e animación que se están a levar a cabo este ano:
- “Campaña de Difusión de Axudas LEADER convocatoria 2021-2022”
- “Xornadas Online de promoción e sensibilización, menús temporada calor para comedores escolares saudables e sostibles con circuítos curtos de comercialización”
- “Consolidando a Marca do Territorio Costa da Morte-Terra Atlántica”
- “Mapa Interactivo do Territorio GDR Costa da Morte 2021”
Na convocatoria 2021-2022 de axudas Leader temos o seguinte:
Proxectos Produtivos
Presentáronse 16 proxectos cunha inversión prevista de 2.631.355,87€, un montante de axuda de 707.267,15€, que consolidarían 40,81 empregos e 15,50 empregos novos a crear.
Proxectos Non Produtivos de Concellos
Presentáronse 4 proxectos cunha inversión prevista de 87.384,04€, un montante de axuda de 62.971,87€.
Proxectos Non Produtivos de Asociacións
Presentáronse 2 proxectos cunha inversión prevista de 7.980,15€, un montante de axuda de 5.234,98€.
As solicitudes de Verificación dos Informes de Control de Elexibilidade foron enviadas a Agader e agora estase pendente de que Agader as verifique para logo proceder a facer a proposta de resolución de axudas.
EXECUCIÓN DENDE O 2017 ATA O 2020
Dende que se empezou este período Leader no 2017, aprobáronse 59 proxectos (45 Produtivos e Non produtivos e 14 de promoción e animación).
Inversión acumulada: 8.338.442,32€
Subvención acumulada: 3.148.311,29€
Empregos consolidados: 149,63UTAs
Empregos comprometidos creados: 43,85 UTAs
Empregos creados a maiores dos comprometidos: 27,49 UTAs
Así mesmo, informóuselles aos socios que dende o ano 2017 ata o ano 2020 quedaron SEN AXUDA POR FALTA DE FONDOS 19 proxectos, cunha inversión prevista de 3.741.437,52€ e unha axuda solicitada de 1.052.547,60€, os cales consolidarían 113,19 empregos e crearían 19 empregos novos.
6.- Informes de presidencia
O presidente informou ao socios do seguinte:
- O 23/03/2021 a Asemblea Xeral Extraordinaria do GDR de Bergantiños acordou a súa disolución e liquidación e a transmisión dos seus bens patrimoniais a favor do GDR Costa da Morte.
- Segundo a instrución nº1/2021 de AGADER , os GDRs de Galicia como entidades colaboradoras na xestión de subvencións, quedan sometidas a aplicación da normativa referida aos Poderes Adxudicadores que Non teñen a condición de Administración Pública (PANAPs)
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments