Reunión na Costa da Morte sobre Actividades de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero


Vimianzo, 30 de xullo de 2020. Hoxe celebrouse na Sala de Conferencias da Casa de Cultura de Vimianzo unha reunión á que foron convocados os/as ADLs, os/as traballadores/as dos CIM e os/as asistentes sociais ou a persoa ou persoas que se considerou mais oportuno por cada un dos 17 concellos da Costa da Morte, para ver a posibilidade de levar a cabo un proxecto en conxunto para toda a Costa da Morte, con actividades de igualdade e loita contra a violencia de xénero.

Asistiron diferentes persoas dos concellos de Carnota, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía e Vimianzo. Nesta xuntanza informóuselles que o pasado mércores 15/07/2020 asistimos a unha reunión en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, con persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Entre outras cousas comentáronnos que á Secretaría Xeral de Igualdade lle gostaron as actividades que se desenvolveron o ano pasado en cada un dos territorios dos GDRs de Galicia, dentro do acordo de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural, para actividades relacionadas coa loita contra a violencia xénero. Na Costa da Morte, no 2019, levouse a cabo o proxecto “A COSTA DAS MULLERES”.

Nesta reunión informáronnos que este ano a Secretaría Xeral de Igualdade tíñalle asignado a AGADER o doble de fondos que o ano pasado para a realización destas actividades.

Este ano non se lle vai asignar unha cantidade determinada a cada GDR, se non que se van apoiar as actividades que se consideren mellores, máis destacables, interesantes… que ben vaian na liña da formación ou da visibilización da loita contra a violencia de xénero.

As actividades que aqui se decidan facer desenvolveranse dentro do territorio do GDR Costa da Morte.

Na xuntanza víronse varias ideas de proxectos e actividades para poder levar a cabo e acordouse dar un prazo de ata o 15 de agosto para enviar ao GDR algunha actividade ou idea de proxecto máis.

As actividades que se propoñan serán enviadas a AGADER para que, a través dunha comisión técnica, autorice a realización das mesmas.

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222