ENCONTRO PARA IMPULSAR O NETWORKING ENTRE AS EMPRESAS ASOCIADAS Á MARCA COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁN

No día de onte o GDR celebrou unha xornada sobre Networking coas empresas asociadas á marca de calidade "Costa da Morte - Terra Atlántica". Nesta sesión recolléronse as principais inquedanzas e propostas das entidades para abrir vías de colaboración e tamén se fixaron estratexias de comunicación entre as propias empresas da marca. Tratouse de facer unha análise da situación actual da marca e de como mellorar o posicionamento da mesma e a utilidade para as empresas, sobre todo, tendo en conta o escenario actual tras o confinamento pola pandemia do covid-19.

A comunicación será outro dos eixes deste programa de xornadas, que o 9 de xullo dedicará unha sesión para achegar ás empresas adheridas á marca consellos e ferramentas para optimizar a súa estratexia comunicativa a través de canles offline e online. Celebrarase en Baio en horario de tarde, trasladando a hora de inicio para as 20:00 horas, despois de consensualo coas empresas asistentes ao evento de onte, por considerala unha franxa horaria máis axeitada para acadar unha maior participación e asistencia de socios.

O obxectivo final deste programa de xornadas é potenciar as capacidades das empresas no novo contexto orixinado pola pandemia da covid-19 e procurar os puntos de conexión entre as empresas de distintos sectores de actividade, para atopar oportunidades que beneficien á economía da Costa da Morte e a reforcen ante os retos futuros.

Para realizar calquera consulta ou solicitar máis información, pódese contactar no seguinte teléfono e enderezo electrónico: 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222