top of page

A asociación Costa da Morte GDR aprobou os presupostos de funcionamento e promoción para 2020

Vimianzo, 5 de decembro de 2019. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- na reunión, celebrada o pasado 25 de novembro, tomou os seguintes acordos:

1.- Aprobación do orzamento de Gastos de Funcionamento do Leader para 2020.- Aprobou o presuposto de gastos de funcionamento para o ano 2020 por un importe de 133.000,00 euros.

2.- Aprobación do orzamento de Gastos de Promoción Territorial do Leader para 2020.- Aprobou o presuposto de gastos de promoción territorial do Leader para o ano 2020 por un importe de 59.978,91 euros 3.- Proxectos de promoción e animación para o ano 2020.-

3.1.- Aprobouse levar a cabo un proxecto para impulsar a marca “Costa da Morte – Terra Atlántica” por un importe de 34.884,30€

3.2.- Aprobouse levar a cabo unhas “Xornadas de Promoción e Sensibilización – Comedores Escolares saudables e Sostibles con Circuítos Curtos de Comercialización”. O orzamento para este proxecto ascende a 9.922,00€.

4.- Informes de presidencia.-

O presidente da asociación, Manuel Muíño, informou que asistiu xunto con representantes doutros GDRs e da Asociación de GDRs de Galicia a unha reunión

co Conselleiro de Medio Rural o pasado 17/09/2019 para informarlle do alto grado de execución do LEADER dentro do PDR de Galicia e a súa vez demandar a incorporación de 15 millóns de euros ao orzamento do LEADER para ter fondos no ano 2022 e desa forma poder enlazar este período Leader co seguinte período programación (2021-2027) sen ter que volver a facer selección de GDRs e de territorios. Nesa reunión o Conselleiro deixou aberta a posibilidade de incorporar fondos para que haxa continuidade. O 19/11/2019 enviaron a Bruselas a 4ª proposta de modificación do PDR de Galicia onde non figura ningunha incorporación de fondos novos para a medida Leader. O 25/11/2019 houbo unha reunión do Conselleiro de Medio Rural cos/cas xerentes de tódolos GDRs de Galicia onde lles informou de que había fondos para manter os GDRs operativos os anos 2020 e 2021 e por tanto vai haber convocatoria Leader 2020-2021 (con algúns fondos menos de momento) e que ía a facer o necesario para que no 2022 houbese tamén fondos para o funcionamento dos GDRs e desa forma enlazar este período de programación co seguinte. Poderán aportar os fondos necesarios ao longo do vindeiro ano (pero isto inda está no aire, de momento no hai nada por escrito).

Así mesmo, tamén se informou da execución e certificación dos proxectos Leader desta anualidade: - Certificáronse 22 proxectos (produtivos+ non produtivos): inversión.- 1.183.274,16€; subvención: 681.531,48€ (% execución sobre o previsto: 99,02%) - Gastos de Funcionamento + promoción: Inversión e subvención.- 184.881,58€ (% de execución sobre o previsto 95,80%) - Total inversión no territorio: 1.368.155,74€ - Total subvención no territorio: 866.413,06€ - % execución total: 98,32%

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page