Nova Convocatoria de Axudas Leader para o territorio da Asociación Costa da Morte GDR

A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR – presidida por Manuel Muíño - na reunión celebrada o 23/02/2017, tratou os seguintes temas:

1º.- Aprobación da acta da sesión anterior.

Aprobouse a acta.

2º.- Apertura de Convocatoria de Axudas Programa Leader Galicia para os anos 2017 e 2018.

Informase aos membros da X.D. que AGADER abriu a convocatoria para presentación de solicitudes de axuda ao Programa Leader de Galicia 2014 – 2020 para toda Galicia. (DOG 30/01/2017).

Polo tanto, está aberto o prazo para solicitar as axudas do Programa Leader que xestiona esta asociación no seu territorio, que abarca os seguintes 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

O único lugar que queda fora das axudas Leader é o núcleo/lugar de Carballo.

O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 31/01/2017 e esténdese durante todo o período ata o 31 de marzo de 2020.

Cada ano vai haber 2 convocatorias para resolver expedientes:

- A 1ª ata o 31/03/ano

- A 2ª ata o 31/05/ano

Polo tanto, calquera persoa ou entidade que teña en mente levar a cabo un proxecto xa pode presentar a solicitude de axuda.

3º.- Cadro financeiro da Medida 19.2 de 2017 e 2018

Aprobouse o orzamento previsto para proxectos produtivos e non produtivos para esta primeira convocatoria;

Tipo de proxecto 2017 2018 Total

Produtivos 366.169,43 € 204.941,95 € 571.111,38 €

Non Produtivos 197.168,15 € 110.353,36 € 307.521,51 €

Total 563.337,58 € 315.295,31 € 878.632,89 €

4º.- Orzamento para Custes Correntes e Animación para 2017

Aprobouse o orzamento previsto para custes corrente e animación para este ano:

Custes correntes: 130.000,00€

Animación: 62.978,91€

Así mesmo acordouse levar a cabo o proxecto “Campaña de Difusión de Axudas Leader e de Promoción Territorial ano 2017”

5º.- Cota dos socios ano 2017.

Acordouse dar de prazo ata 30/04/2017 para o pago da cota dos socios deste ano.

6º Infórmase tamén que a Asociación Costa da Morte- GDR ten 2 oficinas para atender as persoas interesadas en informarse ou solicitar as axudas:

Edificio de Servizos Múltiples

Rúa A Torre, s/n – 15129 Vimianzo

Tlf: 981 71 73 58 – 678 648 065

Centro Comarcal de Bergantiños

A Camposa, s/n – Buño – Malpica de Bergantiños

Tlf: 608 633 222

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222