REUNIÓNS EN VIMIANZO E EN BUÑO CO SECTOR ARTESANAL EN RELACIÓN COA MARCA DE CALIDADE COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA.

July 8, 2020

 

A marca Costa da Morte - Terra Atlántica celebrou onte sendos encontros con profesionais e empresas do sector da artesanía, na sede do GDR en Vimianzo ás 12:00h da mañán e no Centro Comarcal en Buño ás 18:00h da tarde, co obxectivo de promocionar a marca entre os profesionais do sector e conseguir a adhesión de novos socios, intentar sumar sinerxías dentro da marca e ver posibilidades de colaboración entre sectores destacados do territorio.

Os encontros discorreron con total normalidade, gardando as distancias de seguridade entre persoas e utilizando as medidas de protección recomendadas co motivo da pandemia do Covid-19. 

Os asistentes mostráronse moi interesados na marca e algúns deles xa solicitaron a entrada inmediata para poñer os seus produtos e os seus negocios ao amparo do distintivo.

 

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Terra Atlántica suma seis novas empresas e amplía a súa promoción entre os Concellos da Costa da Morte.

July 31, 2020

1/5
Please reload

Entradas recientes