top of page

TERRA ATLÁNTICA CELEBRARÁ EN XULLO UN PROGRAMA PARA IMPULSAR O NETWORKING E SINERXÍAS ENTRE AS SÚAS


A marca territorio Costa da Morte Terra Atlántica celebrará durante o mes de xullo un programa para impulsar o networking e as sinexías entre as súas empresas asociadas. A primeira xornada terá lugar en Baio o 2 de xullo , na que se recollerán as inquedanzas e propostas das entidades para abrir vías de colaboración e tamén se fixarán datas e contidos para próximos encontros profesionais.

A comunicación será outro dos eixes deste programa, que o 9 de xullo dedicará unha sesión para achegar ás empresas adheridas á marca consellos e ferramentas para optimizar a súa estratexia comunicativa a través de canles offline e online. Celebrarase en Baio en horario de tarde.

O obxectivo final deste programa é potenciar as capacidades das empresas no novo contexto orixinado pola pandemia da covid-19 e procurar os puntos de conexión entre as empresas de distintos sectores de actividade, para atopar oportunidades que beneficien á economía da Costa da Morte e a reforcen ante os retos futuros.

CALENDARIO DE XORNADAS:

  • 2 DE XULLO DE 18:00 A 20:00 horas. Xornada de traballo de networking, traballo colaborativo e cooperación para o impulso da Marca. Lugar: Centro Sociocultural de Baio. (Travesía Fisterra 1, 8, 15150 Zas, A Coruña).

  • 9 DE XULLO DE 18:00 A 20:00 horas. Xornada de traballo sobre mellora comunicativa das empresas adheridas. Lugar: Centro Sociocultural de Baio. (Travesía Fisterra 1, 8, 15150 Zas, A Coruña).

Para realizar calquera consulta ou solicitar máis información, pódese contactar no seguinte teléfono e enderezo electrónico: 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal

 

DESCARGAS_

 

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page