A asociación Costa da Morte GDR aprobou a proposta de selección de proxectos Produtivos para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/03/2019

August 14, 2019

Vimianzo, 13 de agosto de 2019. A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 30 de xullo, revisou as solicitudes de axuda para proxectos produtivos presentadas ata o 31/03/2019 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos: 

 

Proxectos Produtivos Seleccionados:

 

1.- "Creación de Fábrica de Cervexa Artesanal en Fornelos", en Fornelos – Baio (Zas). O orzamento admitido ascende a 226.012,00€, e o importe da axuda sitúase nos 86.788,61€.
2.- "Creación de Pensión de 3 estrelas en Dumbría”, en Castro (Dumbría). O orzamento admitido ascende a 263.622,80€, e o importe da axuda sitúase nos 89.368,13€.
3.- "Instalación Fábrica Pinturas e Produtos Químicos, no polígono industrial de Carballo". O orzamento admitido ascende a 536.718,44€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.
4.- "Elaboración de Iogur Artesanal", en Loalo – Frixe (Muxía). O orzamento admitido ascende a 25.810,00€, e o importe da axuda sitúase nos 8.568,92€.
5.- "Campamento Turístico de Bungalows en Laxe", no lugar de A Torre - Sarces. O orzamento admitido ascende a 223.150,74€, e o importe da axuda sitúase nos 74.086,05€.
6.- "Pensión de 3 estrelas en Fisterra". O orzamento admitido ascende a 433.275,04€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.
7.- "Implantación de campamento Turístico – O Arume", en Salgueirón – Serantes (Laxe). O orzamento admitido ascende a 275.766,92€, e o importe da axuda sitúase nos 45.825,19€, e tamén queda na lista de agarda con 39.111,02€.
 

Co que, o montante de investimento aceptado destes 7 proxectos ascende a 1.984.355,94€, a axuda concedida 554.636,90€, o emprego a consolidar 14,25 UTAs e o emprego a crear 7,75 UTAs.

 

Proxectos Produtivos en Lista de Agarda:


Quedaron en lista de agarda outros 10 Proxectos:

1.- Creación de Hotel de 2 estrelas en Corcubión

2.- Proxecto de Melloras Tecnolóxicas en Industria Hortofrutícola (A Laracha)

3.- Campamento Turístico – Ondas do Mar (Cee)

4.- Campamento Turístico en Lires (Cee)

5.- Aparthotel Ría de Lires (Cee)

6.- Construción de Nave para Taller – Carpintería Metálica (Ponteceso)

7.- Proxecto para a Modernización, Ampliación e Melloras Tecnolóxicas (Carballo)

8.- Hotel de 1 estrela en Corcubión

9.- Modernización Empresa de Obras e Servizos (Vimianzo)

10.- As Lavandeiras de Soneira – Lavandería Autoservicio (Vimianzo)

 

Proxectos Excluídos:


Excluíronse 4 proxectos polos seguintes motivos:

- Tres proxectos por non achegar a documentación requirida en tempo e/ou forma.

- Outro proxecto por non ser elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases reguladoras e/ou da estratexia do GDR.

 

Enviouse a AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos para que a Axencia emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e llas envie aos promotores.

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

XORNADA SOBRE COMUNICACIÓN E MARKETING DIXITAL PARA EMPRESAS DA MARCA "COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA.

July 10, 2020

1/5
Please reload

Entradas recientes