top of page

A asociación Costa da Morte GDR aprobou a proposta de selección de proxectos NON Produtivos para as

Vimianzo, 24 de xuño de 2019. A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 28 de maio, revisou as solicitudes de axuda para proxectos non produtivos presentadas ata o 31/03/2019 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos:

Proxectos Non Produtivos Seleccionados de Concellos:

1.- Reforma pranta baixa da escola unitaria destinada a local para cursos de formación en San Cremenzo de Pazos (Zas). O orzamento aceptado ascende a 13.604,39€, e o importe da axuda sitúase nos 11.101,18€. 2.- Acondicionamento para Centro Socioformativo de Reboredo (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 43.089,35€, e o importe da axuda sitúase nos 34.643,84€. 3.- Mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño (Carnota). O orzamento aceptado ascende a 238.602,75€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.

Co que, o montante de investimento aceptado destes 3 proxectos ascende a 295.296,49€ e a axuda concedida 83.745,02€.

Proxectos Non Produtivos Seleccionados de Asociacións:

1.- Servizo de Transporte Adaptado, en Nantón (Cabana de Bergantiños). O orzamento ascende a 42.821,90€, e o importe da axuda sitúase nos 36.655,55€. 2.- O Brandomil Romano e o Camiño de Santiago a Muxía, en Brandomil (Zas). O orzamento ascende a 15.702,50€, e o importe da axuda sitúase nos 7.411,58€.

Co que, o montante de investimento aceptado destes 2 proxectos ascende a 58.524,40€ e a axuda concedida 44.067,13€.

Enviouse a AGADER a proposta de selección dos proxectos para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e llas enviase aos promotores.

Nota: A selección/non selección dos Proxectos Produtivos desta convocatoria está pendente de facerse á espera de que cheguen de Agader as verificacións do Informe de Control de Elexibilidade (ICE) dos proxectos.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page