FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS NA COSTA DA MORTE (2ª EDICIÓN).
Durante os meses de marzo, abril e maio, terán lugar unhas xornadas de democratización do coñecemento e formación universitaria para maiores de 50 anos na Costa da Morte.
Estas xornadas están pensadas para achegar ás persoas o mundo da formación e a cultura, con temáticas diversas distribuídas en tres módulos: sustentabilidade social e económica; sustentabilidade ambiental e saúde e benestar
DATAS_
Os seminarios vanse celebrar a partir do 27 de marzo, en datas repartidas entre os meses de marzo, abril e maio de 2019 segundo o establecido no programa.
DESTINATARIOS_
Persoas maiores de 50 anos
LUGAR_
Centro Sociocultural de Baio (Zas)
INSCRICIÓN_
A inscrición e gratuíta e realizarase, ben presencialmente a través dos ADL de cada Concello da Costa da Morte, ou ben de xeito on-line no seguinte enderezo web: udcseniorcostadamorte.wordpress.com
A data límite para inscribirse será o 24 de marzo de 2019
MÓDULOS_
“Sustentabilidade social e económica”
“Sustentabilidade ambiental”
“Saúde e benestar”
DESCARGAS_
MÁIS INFORMACIÓN_
> Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte
> T. 981708303- Ext 26
> isabel.agra@concellodezas.org)