top of page

costa da morte, traballo en rede. posta en valor do medio rural

romarías costa da morte. anualidade 2025

O principal obxectivo das actuacións incluídas nesta segunda fase do proxecto foi a promoción conxunta de sectores económicos estratéxicos e a posta en valor do territorio a través do:

  1. Traballo co sector agrogandeiro e artesanal.

  2. Incremento do valor dos produtos da Costa da Morte.

  3. Traballo en rede e construción de alianzas e interconexións para posicionar as empresas da Costa da Morte.

  4. Mellorar o posicionamento do destino Costa da Morte a través de novos relatos e experiencias culturais e gastronómicas.


As principais accións e actividades levadas a cabo foron as seguintes:

  1. Deseño de 9 propostas gastronómicas con produto local baseadas nas festividades das Romarías da Costa da Morte.

  2. Deseño e edición de materiais promocionais a través da artesanía local (liño).

  3. Realización dunha Xornada de Exaltación de 9 propostas gastronómicas.

  4. Deseño dun dossier para a divulgación das 9 propostas gastronómicas das Romarías da Costa da Morte.

  5. Mantemento web e xestión de contidos para medios e redes sociais.

 

A proposta de actividades desenvolvida reforzou a identidade e consolidación das empresas a través do traballo en rede de dous sectores centrais no territorio como son o agro e a artesanía, e que contou coa referencia cultural das romarías para a súa posta en valor. Para isto elaboráronse, nesta segunda fase, 9 propostas gastronómicas baseadas nas romarías da Costa da Morte.


Para esta segunda fase, as 9 Romarías da Costa da Morte, foron as seguintes: 1. Capela de Sta. Margarita de Muíño (Zas); 2. Capela Virxe do Monte (Mazaricos); 3. Santuario Nosa Señora da Xunqueira (Cee); 4. San Adrián de Verdes (Coristanco); 5. Festhórreo de Lira (Carnota); 6. Festa do Longueirón co conxunto do Castelo de S. Carlos (Fisterra); 7. Festa do Peñón (Laxe); 8. Saber de aldea (Corcubión); 9. Festa da Familia (Dumbría).

A súa vez, para a presentación e degustación destas propostas gastronómicas deseñouse unha edición limitada de elementos artesanais promocionais do artesanado local. Foron 9 deseños con imaxes e referencias e posterior serigrafiado nuns panos de liño.


Finalmente, para a súa divulgación deseñouse un dossier divulgativo en formato dixital, para a promoción das propostas gastronómicas e das propias festividades como accións de dinamización e desenvolvemento do medio rural.

 

As propostas presentáronse nunha Xornada de exaltación do produto do agro e de artesanía tendo como referencia os eventos festivos sinalados.

 

Orzamento Aceptado:                                                      8.954,00 €
Financiamento con cargo ao programa LEADER:          8.954,00 €
 

DESCARGAS:

> Dossier propostas gastronómicas das Romarías

MÁIS INFORMACIÓN: 

> COSTA DA MORTE TERRA ATLÁNTICA

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page