top of page

costa da morte, traballo en rede. posta en valor do medio rural

8 romarías. anualidade 2024

A finalidade deste proxecto de traballo en rede foi a realización de actuacións de promoción conxunta de sectores económicos estratéxicos e a posta en valor do territorio, a través de varias accións encamiñadas principalmente a promover os sectores agrogandeiro e artesanal e os seus produtos e a buscar interconexións e intereses comúns entre as empresas e os diferentes axentes sociais e institucionais do territorio.


As principais accións e actividades levadas a cabo co proxecto foron as seguintes:

 

  1. Deseño de 8 propostas gastronómicas con produto local baseadas nas festividades das Romarías da Costa da Morte.

  2. Deseño e edición de materiais promocionais a través da artesanía local (liño).

  3. Realización dunha Xornada de Exaltación de 8 propostas gastronómicas.

  4. Deseño dun dossier para a divulgación das 8 propostas gastronómicas da Romarías da Costa da Morte.

  5. Mantemento web e xestión de contidos para medios e redes sociais.

 

A proposta de actividades desenvolvida reforzou a identidade e consolidación das empresas a través do traballo en rede de dous sectores centrais no territorio como son o agro e a artesanía, e que contou coa referencia cultural das romarías para a súa posta en valor. Para isto elaboráronse, nunha primeira fase, 8 propostas gastronómicas baseadas nas romarías da Costa da Morte.
Para esta primeira fase, as 8 das Romarías da Costa da Morte, foron as seguintes:

1. Milagres de Caión (A Laracha); 2. San Adrián da Piña (Carballo); 3. Santo Hadrián (Malpica); 4. Nosa Señora do Faro (Ponteceso); 5. San Fins de Castro (Cabana); 6. A Virxe do Monte (Camariñas); 7. Faguía de Carnés (Vimianzo); 8. Virxe da Barca (Muxía).

 

A súa vez, para a presentación e degustación destas propostas gastronómicas deseñouse unha edición limitada de elementos artesanais promocionais do artesanado local. Foron 8 deseños con imaxes e referencias e posterior serigrafiado nuns panos de liño.


Finalmente, para a súa divulgación deseñouse un dossier divulgativo en formato dixital, para a promoción das propostas gastronómicas e das propias festividades como accións de dinamización e desenvolvemento do medio rural.

 

As propostas presentáronse nunha Xornada de exaltación do produto do agro e de artesanía tendo como referencia os eventos festivos sinalados.

 

Orzamento Aceptado:                                                      8.954,00 €
Financiamento con cargo ao programa LEADER:          8.954,00 €
 

DESCARGAS:

> Dossier propostas gastronómicas das Romarías

MÁIS INFORMACIÓN: 

> COSTA DA MORTE TERRA ATLÁNTICA

bottom of page