top of page

Xornada de Exaltación "8 Romarías". Marca Costa da Morte-Terra Atlántica



Vimianzo, 24 de outubro de 2024


O próximo venres 25 na Escola de Hostalaría de Carballo (Forum Carballo), ás 19:00 horas, terá lugar a presentación da iniciativa que trata de reforzar a identidade e consolidación da Costa da Morte e do traballo en rede de sectores centrais no territorio como son o agro, a artesanía e o seu patrimonio cultural.

Para isto preténdese elaborar, nun primeiro momento, 8 propostas gastronómicas novas ou complementarias ás existentes baseadas nas Romarías da Costa da Morte, e na combinación do produto do mar e da terra.


Para a presentación e degustación destas propostas gastronómicas deséñase unha edición limitada de elementos artesanais promocionais de pano de liño do artesanado local. Á súa vez, deseñaríase un dossier divulgativo en formato dixital, para a promoción das propostas gastronómicas e das propias festividades como accións de dinamización e desenvolvemento do medio rural.


Para a xornada de exaltación, do día 25, contaremos con Miguel Silvarredonda investigador, profesor e cociñeiro do CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) que nos fará diferentes propostas gastronómicas relacionadas con 8 das Romarías da Costa da Morte: 1. Milagres de Caión (A Laracha); 2. San Adrián da Piña (Carballo); 3. Santo Hadrián (Malpica); 4. Nosa Señora do Faro (Ponteceso); 5. San Fins de Castro (Cabana); 6. A Virxe do Monte (Camariñas); 7. Faguía de Carnés (Vimianzo); 8. Virxe da Barca (Muxía).


Ao acto só se poderá asistir con invitación.



 

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page