top of page

INTERRITMOS CHEGA A MAZARICOS CUNHA XORNADA PARA CONECTAR COA TRADICIÓN

  • 27 abr
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo 27 de abril de 2026



O proxecto de cooperación Interritmos Raíces Vivas continúa o seu percorrido e fará parada en Mazaricos o vindeiro 8 de maio, cunha proposta aberta ao público para sentir, compartir e conectar coa tradición desde unha ollada contemporánea.

A xornada contará coa participación da bailaora Yolanda Osuna e do creador e intérprete Xurxo Fernandes, que guiarán unha experiencia arredor da música e da danza de raíz. Ademais, a sesión estará amenizada musicalmente por Yas Deluaces, sumando novas sonoridades ao encontro.

O evento terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura da Picota, en horario de 18:00 a 20:00 horas, con entrada de balde ata completar aforo.

Ao remate da actividade, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación de produtos locais, reforzando así o vínculo entre cultura e territorio.


O proxecto de cooperación "Interritmos - Raíces Vivas" está promovido polos Grupos: Asociación Deloa (entidade coordinadora), Ribeira Sacra-Courel, Costa da Morte, Miño-Ulla, Salnés - Ulla - Umia, Asdecomor, Comarca de Lugo, Adercou, Terra e Auga, Sil Bibei Navea e Pontevedra Norte, no marco do Leader Galicia 2023–2027, coa colaboración da Fundación Paideia Galiza e da Fundación Paco de Lucía. A iniciativa consolídase como un espazo de encontro que impulsa a creación artística, a innovación e a conexión entre tradición e vangarda.


As inscricións poden realizarse chamando ao 981717358 ou a través do correo electrónico gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page