top of page

FALADOIRO SOBRE XESTIÓN CONXUNTA DO TERRITORIO EN CARNOTA

Vimianzo, 25 de setembro de 2023


Continuando coa serie de faladoiros iniciada co proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" o GDR Costa da Morte organiza un segundo faladoiro sobre "Xestión Conxunta do Territorio" no marco das accións de promoción e animación do territorio (medida 19.4 B do programa LEADER 2014-2020). O faladorio celebrarase o vindeiro xoves 5 de outubro ás 19:00 horas na Casa do Concello en Carnota.

O faladoiro ofrecerá unha visión xeral sobre as figuras da Lei de Recuperación da Terra Agraria para ter unha información de primeira man sobre a regulación e o uso sustentable das terras agrícolas e promover a consolidación de solo agrario e recuperación de terras abandoadas.


As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:

  • A Lei de Recuperación de Terras Agrarias. Poñente: Alfredo Fernández de Ríos. Subdirector de mobilidade de terras (AGADER).

  • A Asociación Ribeira de Sucastro (Paradela), un exemplo de agrupación de xestión conxunta do territorio. Poñente: María Escudeiro Rossignoli. Enxeñeira Técnica Forestal de Foresin.

  • Aldea Modelo de Ferreirós (Ames). Poñente: Patricia Reboredo. Técnica de Medio Ambiente do Concello de Ames.

Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.



INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65


DOCUMENTACIÓN:


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



Commenti


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page