FALADOIRO SOBRE XESTIÓN CONXUNTA DO TERRITORIO
Vimianzo, 8 de setembro de 2023
Dentro das accións enmarcadas no proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), organízase o faladoiro sobre "Xestión Conxunta do Territorio" - que se celebrará o vindeiro xoves 14 de setembro ás 19:00 horas no "Hospital dos Peregrinos" en Santa Margarida - Montemaior (A Laracha).
O faladoiro ofrecerá unha visión xeral sobre as figuras da Lei de Recuperación da Terra Agraria para ter unha información de primeira man sobre a regulación e o uso sustentable das terras agrícolas e promover a consolidación de solo agrario e recuperación de terras abandoadas.
As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:
A Lei de Recuperación de Terras Agrarias. Poñente: Alfredo Fernández de Ríos. Subdirector de mobilidade de terras (AGADER).
A Asociación Ribeira de Sucastro (Paradela), un exemplo de agrupación de xestión conxunta do territorio. Poñente: María Escudeiro Rossignoli. Enxeñeira Técnica Forestal de Foresin.
Aldea Modelo de Ferreirós (Ames). Poñente: Patricia Reboredo. Técnica de Medio Ambiente do Concello de Ames.
Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65
DOCUMENTACIÓN:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comentarios