A Asociación Costa da Morte - GDR celebrou dúas Asembleas Xerais o pasado 9 de xullo



Vimianzo. 11 de xullo de 2022

A Asociación Costa da Morte-GDR celebrou o pasado sábado 9 de xullo dúas Asembleas Xerais no Centro Sociocultural de Baio, ambas presididas por Manuel Muíño, nas cales se adoptaron os seguintes acordos destacados:


1º.- Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada en primeiro lugar, acordouse a modificación dos Estatutos Sociais para adaptalos ao requirimento de Agader segundo o establecido nas Bases da medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.


2º.- Na Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada a continuación, adoptáronse os seguintes acordos:


1.- Aprobáronse as actas de sesións anteriores (do 26/06/2021 e a do 26/03/2022)


2.- Aprobación das contas anuais do ano 2021


Logo de expoñerse as contas anuais, balances e conta de perdas e ganancias, son validadas e aprobadas por unanimidade dos presentes.

O excedente do exercicio ascende á cantidade de 3.201,30 €; o total de activo e pasivo recolle un importe de 81.069,49 €.


3.- Aprobación dos orzamentos do ano 2022


Logo de expoñerse os presupostos de ingresos e gastos previstos para 2022, foron validados e aprobados por unanimidade dos presentes.

O orzamento de ingresos e gastos de funcionamento, Promoción e Animación e accións preparatorias da EDLP 2023-2027 ascenden a 189.953,94 €.


4.- Aprobación do Informe de Xestión do Ano 2021


Logo de expoñerse o Informe de Xestión do 2021, que xa fora remitido aos socios coa convocatoria, este foi aprobado por unanimidade dos presentes.


5.- Programa Leader


Informóuselle aos socios sobre os 3 proxectos de promoción e animación que se están a levar a cabo este ano:

  • "Marca Terra Atlántica: Territorio – Produto – Calidade”

  • "Difusión de proxectos Leader e promoción do territorio 2022”

  • "Ecocomedores – Km Costa da Morte”

Convocatoria 2022-2023 de axudas Leader:

Con respecto á convocatoria 2022-2023 de axudas LEADER informouse á Asemblea que Agader este ano non publicou o orzamento para cada GDR de Galicia para a convocatoria Leader 2022-2023 e segundo comunicaron ós equipos técnicos, pretenden publicar o orzamento por anticipado de gasto a finais de decembro para que sexa unha convocatoria 2023-2024.

As axudas do Leader seguen abertas todo o ano e todos os proxectos que se presenten concorrerán na convocatoria 2023-2024, polo que calquera promotor que pretenda levar a cabo un proxecto pode presentalo ao largo de todo o ano, sempre antes de iniciar os investimentos.


EXECUCIÓN DENDE O 2017 ATA A ACTUALIDADE

Dende que se empezou este período Leader no 2017, aprobáronse 80 proxectos (58 Produtivos e Non produtivos e 22 de funcionamento, promoción e animación).

Inversión acumulada: 9.769.858€

Subvención acumulada: 3.935.588,61€

Empregos comprometidos consolidados: 158,80 UTAs

Empregos comprometidos creados: 53,75 UTAs

Empregos creados a maiores dos comprometidos: 26 UTAs


6.- Informes de presidencia


O presidente informou ao socios do seguinte:

Explicouse como será o procedemento sinalado nas bases reguladoras que publicou AGADER para o novo Leader 2023-2027 e tamén que na pasada Xunta Directiva acordouse concorrer no procedemento de selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, así como para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período 2023-2027, e que se está a traballar na preparación da candidatura. Así mesmo, informouse que calquera pode facer aportacións para ter en conta na elaboración da EDLP. A Asemblea por unanimidade ratificou o acordo da Xunta Directiva.


Tal como se reflexa na filosofía LEADER e na forma de traballar dos GDRs, o noso GDR está aberto a novos socios que queiran asociarse á entidade e traballar todos en conxunto polo desenvolvemento deste territorio, traballamos co principio de “Portas Abertas”.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook


Entradas destacadas
Entradas recientes