A Asociación Costa da Morte GDR celebra o vindeiro luns unha nova Xunta Directiva
Vimianzo, 4 de marzo de 2022.- A Asociación Costa da Morte GDR celebra o próximo luns, 7 de marzo, unha nova Xunta Directiva. Esta terá lugar na oficina do GDR, Edificio de Servizos Múltiples en Vimianzo, e dará comezo ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
Na orde do día figuran os seguintes puntos:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2. Altas e baixas de asociados
3. Cotas de asociados ano 2022
4. Informe de xestión do ano 2021
5. Aprobación, se procede, das contas anuais do ano 2021
6. Aprobación, se procede, do orzamento do ano 2022
7. Aprobación, se procede, da renovación da póliza de crédito
8. Aprobación, se procede, dos proxectos de promoción e animación
9. Bases reguladoras da selección de grupos para o novo programa Leader 2023-2027
10. Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
11. Informes de presidencia.
12. Rogos e preguntas.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments