7ª edición do "Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte 2025" (Universidade Senior)
Vimianzo 23 de xaneiro de 2025

A Universidade Sénior pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte”, a 7ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A Universidade Sénior, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural "Asociación Costa da Morte - GDR" e o Concello de Zas, pon en marcha en 2025 unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, para a formación universitaria de persoas maiores de 50 anos na Costa da Morte.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ ) ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 24 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
A ligazón para a inscripción é a seguinte: https://universidadesenior.org/costa-da-morte/inscricion-2025-costa-da-morte/
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en un ou dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS • “A dirección artística no cine” • “A xestión do común: unha visión desde a economía e os comics” • “Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros”
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA • “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”
• “ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes” • “Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas”
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE • “Enfermidades cardiovasculares e diabetes” • “O cambio climático, causas e consecuencias” • “Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico”
As palestras serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.
De xeito presencial a inscrición poderá realizarse a través dos Axentes de Desenvolvemento Local en cada ún dos Concellos que forman parte do GDR “Costa da Morte”, baixo a coordinación de:
Isabel Agra Pose (ADL do Concello de Zas) isabel.agra@concellodezas.org 981708303 Ext. 25 En horario de 9:00 a 14:30
As persoas interesadas tamén poden solicitar información e apoio para a inscrición na Secretaría da Universidade Sénior da Coruña:
Francisco Ascón Belver (Universidade Sénior) udc.senior.comarcas@udc.es 981167000 Ext. 4508 En horario de:
Luns, martes e venres: de 9:00 a 14:30 horas
Mércores e xoves: de 16:00 a 19:30 horas
DESCARGAS_
MÁIS INFORMACIÓN_
> Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte
> T. 981708303- Ext 25
> isabel.agra@concellodezas.org)
Comments