Reunión na Costa da Morte sobre Actividades de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero

July 31, 2020

Vimianzo, 30 de xullo de 2020. Hoxe celebrouse na Sala de Conferencias da Casa de Cultura de Vimianzo unha reunión á que foron convocados os/as ADLs, os/as traballadores/as dos CIM e os/as asistentes sociais ou a persoa ou persoas que se considerou mais oportuno por cada un dos 17 concellos da Costa da Morte, para ver a posibilidade de levar a cabo un proxecto en conxunto para toda a Costa da Morte, con actividades de igualdade e loita contra a violencia de xénero.

 

Asistiron diferentes persoas dos concellos de Carnota, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía e Vimianzo. Nesta xuntanza informóuselles que o pasado mércores 15/07/2020 asistimos a unha reunión en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, con persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Entre outras cousas comentáronnos que á Secretaría Xeral de Igualdade lle gostaron as actividades que se desenvolveron o ano pasado en cada un dos territorios dos GDRs de Galicia, dentro do acordo de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural, para actividades relacionadas coa loita contra a violencia xénero. Na Costa da Morte, no 2019, levouse a cabo o proxecto “A COSTA DAS MULLERES”.

 

Nesta reunión informáronnos que este ano a Secretaría Xeral de Igualdade tíñalle asignado a AGADER o doble de fondos que o ano pasado para a realización destas actividades.

 

Este ano non se lle vai asignar unha cantidade determinada a cada GDR, se non que se van apoiar as actividades que se consideren mellores, máis destacables, interesantes… que ben vaian na liña da formación ou da visibilización da loita contra a violencia de xénero. 

As actividades que aqui se decidan facer desenvolveranse dentro do territorio do GDR Costa da Morte.

 

Na xuntanza víronse varias ideas de proxectos e actividades para poder levar a cabo e acordouse dar un prazo de ata o 15 de agosto para enviar ao GDR algunha actividade ou idea de proxecto máis.

 

As actividades que se propoñan serán enviadas a AGADER para que, a través dunha comisión técnica, autorice a realización das mesmas.
 

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Terra Atlántica suma seis novas empresas e amplía a súa promoción entre os Concellos da Costa da Morte.

July 31, 2020

1/5
Please reload

Entradas recientes