O GDR COSTA DA MORTE CELEBRARÁ O 7 DE XULLO EN VIMIANZO E EN BUÑO ENCONTROS CO SECTOR ARTESANAL.


A marca Costa da Morte Terra Atlántica celebrará o 7 de xullo encontros con profesionais e empresas do sector da artesanía, co obxectivo de sumar sinerxías dentro da marca e ver posibilidades de colaboración.

Os encontros terán lugar en distintas localizacións, para desta forma chegar a un maior número de entidades e facilitar a súa presenza.

Estas son as xornadas que están previstas para ese día:

  • 12:00 horas. Encontro na sede do GDR Costa da Morte, en Vimianzo.

  • 18:00 horas. Encontro no Centro Comarcal de Bergantiños, en Buño.

Para realizar calquera consulta ou solicitar máis información, pódese contactar no seguinte teléfono e enderezo electrónico: 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal

DESCARGAS_

> Cartel dos Encontros

MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

Entradas destacadas
Entradas recientes