A Asociación Costa da Morte-GDR aprobou a proposta de selección de proxectos para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/01/2020.

June 16, 2020

Martes, 16 de xuño de 2020. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte-GDR, presidida por Manuel Muíño, en sesión celebrada no día de onte, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/01/2020 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos: 

 

1º PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE PROXECTOS

 

Proxectos Non Produtivos Seleccionados:

 

1.- Recuperación e Consolidación do Muiño de Pedra Vixía, en Gomarís -Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 15.967,59 €, e o importe da axuda sitúase nos 10.666,35 €.

 

Proxectos Produtivos Seleccionados:


1.- Pensión Rústica en Zas, en A Braña – Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 239.694,46 €, e o importe da axuda sitúase nos 85.810,62 €.


2.- Modernización de empresa de produtos químicos, no polígono industrial de Carballo. O orzamento admitido ascende a 553.911,87 €, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00 €.

 

3.- Proxecto de ampliación e mellora de tenda agraria, en Pazos (Ponteceso). O orzamento admitido ascende a 125.676,62 €, e o importe da axuda sitúase nos 40.216,52 €.

 

4.- Mellora empresa de instalacións eléctricas, en Quintáns (Muxía). O orzamento admitido ascende a 79.523,14 €, e o importe da axuda en firme sitúase nos 7.018.83 €, e tamén queda na lista de agarda con 16.678,47 €.

 

O montante de investimento aceptado destes 4 proxectos ascende a 998.804,09 €, a axuda concedida 258.045,97 €, o emprego a consolidar 23,85 UTAs e o emprego a crear 2 UTAs.

 

Proxectos Produtivos en Lista de Agarda:

 

Quedaron en lista de agarda outros 4 Proxectos:
1.- Casa de Turismo Rural en Cillobre (A Laracha)
2.- Creación de Hotel de 2 estrelas en Corcubión
3.- Campamento Turístico – Ondas do Mar (Cee)
4.-Construcción dunha nave industrial adosada para Comercio Maior de Maquinaria Agrícola(Carballo)
 

Proxectos Excluídos:


Excluíronse 4 proxectos:
-    2 Por desistencia dos promotores
-    2 Por non presentar a documentación requirida
 

Enviouse a AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e llas enviase aos promotores.

 

Así mesmo tamén se tomaron os seguintes acordos:


1º Aprobación das actas de sesións anteriores
2º Aprobación das contas anuais de 2019
3º Aprobación do orzamento de 2020
4º Aprobación do Informe de Xestión de 2019
5º Aprobación da entrada como asociado do GDR do Concello de Coristanco e da empresa Hostelvim, S.L. como socia da Marca Costa da Morte – Terra Atlántica.
6º Aprobación da convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria para o 18/07/2020
7º  Aprobación da convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria para o 18/07/2020
 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

XORNADA SOBRE COMUNICACIÓN E MARKETING DIXITAL PARA EMPRESAS DA MARCA "COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA.

July 10, 2020

1/5
Please reload

Entradas recientes