A asociación Costa da Morte GDR aprobou o cadro financeiro das axudas LEADER da submedida 19.2 para

Vimianzo, 10 de xaneiro de 2020. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- na reunión, celebrada o pasado 03 de xaneiro, tomou os seguintes acordos:

1.- Aprobouse o cadro financeiro da convocatoria 2020-2021.-

O pasado 30/12/2019 publicouse no DOG a resolución de AGADER pola que se convocan subvencións de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2020 e 2021. En esta resolución aparecen os fondos que lle corresponden a cada GDR de Galicia para esta convocatoria. Ao GDR Costa da Morte asignáronlle 268.712,32€.

Tal como se sinala no artigo 16.1 das bases reguladoras das axudas Leader (DOG nº 246 do 27/12/2019) hai 15 días naturais para que cada GDR lle envíe a AGADER o cadro financeiro co importe máximo dispoñible para cada tipoloxía de proxectos (Produtivos, Non Produtivos de Concellos e Non Produtivos de Asociacións).

Na Xunta Directiva, visto a pouca cantidade de fondos asignados para esta convocatoria, os Concellos renunciaron ao que lle podería corresponder para incrementar máis os fondos destinados a proxectos produtivos, e acordouse aprobar o seguinte reparto: - 241.841,09 € para proxectos Produtivos (90%)

- 26.871,23 € para proxectos Non Produtivos (10%)

Polo que, se se presentan proxectos de concellos que se puidesen aprobar quedarían en lista de agarda por si nos asignasen mais fondos para esta convocatoria ou para concorrer na convocatoria 2021-2022, se é o caso.

2.- Proxecto O Teu Xacobeo.-

Deuse conta na Xunta Directiva do proxecto presentado ás “Subvencións a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, O Teu Xacobeo”, que foron publicadas no DOG 228 do 29/11/2019. Presentouse o proxecto “Casta Atlántica, o Mapa emocional do Camiño Fisterra – Muxía”, cun orzamento de 22.893,20 €.

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222