Acordos tomados na Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR - marzo 2020

March 3, 2020

Vimianzo, 03 de Marzo de 2020. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño-  na reunión, celebrada o pasado 02 de marzo, tomou os seguintes acordos:

 

1.- Cotas de Asociados.-
Acordouse manter as cotas anuais de mantemento para 2020 en 500 € para os concellos e 20 € para o resto das entidades asociativas e púxose de prazo ata o 30/04/2020 para o seu pagamento.

 

2.- Convocatoria de axudas da Deputación Provincial para entidades sen ánimo de lucro.-
Acordouse presentar o proxecto Impulsando a Marca Costa da Morte – Terra Atlántica ás axudas da Deputación Provincial da Coruña, facultando ao Presidente D. Manuel Muíño Espasandín para realizar todos los trámites de xestión e representación perante a Deputación.

 

3.- Incorporación, se procede, de novos asociados á Marca Costa da Morte – Terra Atlántica.-
Acordouse aprobar a entrada de 3 novas empresas na marca de calidade “Costa da Morte – Terra Atlántica” que tiñan presentado toda a documentación e cumpren cos requisitos para poder adherirse:
• Dumbria Aluminio e PVC, S.L. (Cee).

• Lucía Calvo Marrozos (“La Despensa D´Lujo” en Coristanco, produtos de horta e legumes).

• Jesús Picallo Santos (“Hotel O Semáforo” en Fisterra).

 

4.- Informe dos proxectos presentados á convocatoria 2020 - 2021.-

Unha vez pechada a presentación de proxectos á convocatoria 2020-2021 existen un total de 14 proxectos que concorren á mesma. Destes 14 proxectos, 5 estarían propostos para arquivo (2 desfavorables, 2 desistencias e 1 non corresponde ao ámbito de actuación deste GDR) e 9 en principio, son favorables á espera da verificación de 7 proxectos por parte de AGADER xa que 2 xa están verificados. O total de investimento previsto ascende á cantidade de 2.043.294,70 € e as subvencións propostas ascenderían a 656.956,66 €. O total de emprego creado previsto serían 8,50 UTAs e as consolidadas 36,40.

 

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Vimianzo, 10 de xaneiro de 2020. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- na reunión, celebrada o pasado 03 de x...

A asociación Costa da Morte GDR aprobou o cadro financeiro das axudas LEADER da submedida 19.2 para a convocatoria 2020-2021

January 10, 2020

1/2
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo