REUNIÓN INFORMATIVA NA COSTA DA MORTE SOBRE O PROXECTO "ECOCOMEDORES".

November 8, 2019

O pasado mércores 6 de novembro, ás 17:00h, no Centro Sociocultural de Baio o GDR Costa da Morte organizou unha reunión informativa sobre o proxecto "Ecocomedores".

A raíz dunha xornada que se celebrara anteriormente na Picota sobre Comedores Escolares na Costa da Morte e, en base ao plantexado na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada polo GDR para concorrer e conseguir as axudas LEADER para este territorio, concluíuse que nos colexios da zona deberíase promover o consumo de produtos de proximidade, é dicir, de produtores locais; entón xurdiu a idea de que sería necesario facer unha reunión/xornada para falar deste tema e concretar posibles accións a levar a cabo no noso ámbito territoral.

Para o proceso de articulación e de creación de circuitos cortos sería necesaria unha fase previa para identificar as expectativas de todos os actores que poden e queren participar (produtores, equipo de cociña, familias, profesorado e dirección das escolas) así como ter un espazo para que todos os actores se poidan coñecer e intercambiar opinións, realidades e necesidades de todas as partes.

Invitouse a participar nesta reunión informativa aos colexios da Costa da Morte que teñen comedor escolar; a diferentes produtores da zona (de horta, de carne, de leite e de peixe) e ás ANPAs dos citados colexios.

Para expoñer como se está levando a cabo o proxecto na zona das Mariñas Betanzos, asistiron as seguintes persoas:
 

- Beatriz Ferreira Varela – Directora EIM A Caracola

- Miguel Fernández – Técnico do GDR de Mariñas Betanzos

- Varios produtores dese territorio pertencentes a ALEGA (Asociación de Labregos Ecolóxicos de Galicia)

 

Os obxectivos principais desta xuntanza son:

    Informar sobre o que se está a desenvolver noutras zonas ao respecto
    Introducir nos comedores produtos de calidade e de temporada producidos no territorio
    Axudar a incentivar a economía local

 

Asistiron máis de 50 persoas a esta xornada entre representantes dos colexios (11 en total), ANPAs e produtores locais.

 

Colexios asistentes: CEIP Eduardo Pondal; CEIP Labarta Pose; CEIP Os Muiños; CEIP Pino de Val; CEIP Ponte do Porto; CEIP Santa Eulalia; CEIP Vilarmide; CPA As Revoltas; CPI A Picota; CPI de Zas; EFA Fonteboa.
 

Por parte do GDR asistiron:
Presidente: Manuel Muíño Espasandín
Secretario: José Manuel López Varela
Tesoureiro: Luis García Fernández
Persoal do equipo técnico.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

 

 

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

"COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA" NA TELEVISIÓN DE GALICIA.

November 19, 2019

1/3
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo