top of page

PRESENTACIÓN DA MARCA DE TERRITORIO "COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA".


O pasado xoves 24 de outubro o Faro Vilán acolleu a presentación da marca territorio, na que contamos coas intervencións de Olga Campos, Presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas; Manuel Muíño, Presidente do Gdr Costa da Morte; Encarna Liñeiro, Concelleira de Cultura do Concello de Camariñas e con Javier Blanco, Subdirector de Relacións cos GDRs de AGADER.

Na presentación participaron tamén a maioría das empresas que xa forman parte de Terra Atlántica ou que están actualmente en proceso de adhesión, ademais de numeroso público con interese en saber máis sobre este novo proxecto.

Neste acto proporcionouse información sobre o proceso de adhesión á marca, os seus beneficios, e as accións que se están levando a cabo para xestionala e promocionala. Ademais, tamén se informou das empresas que xa participan e gozan das vantaxes da marca coa presentación dun vídeo promocional.

 

ENLACES_

 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page