A asociación Costa da Morte GDR aprobou a proposta de selección de proxectos NON Produtivos para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/03/2019

August 13, 2019

Vimianzo, 24 de xuño de 2019. A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 28 de maio, revisou as solicitudes de axuda para proxectos non produtivos presentadas ata o 31/03/2019 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos: 

 

Proxectos Non Produtivos Seleccionados de Concellos:

 

1.- Reforma pranta baixa da escola unitaria destinada a local para cursos de formación en San Cremenzo de Pazos  (Zas). O orzamento aceptado ascende a 13.604,39€, e o importe da axuda sitúase nos 11.101,18€.
2.- Acondicionamento para Centro Socioformativo de Reboredo (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 43.089,35€, e o importe da axuda sitúase nos 34.643,84€.
3.- Mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño (Carnota). O orzamento aceptado ascende a 238.602,75€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.

 

Co que, o montante de investimento aceptado destes 3 proxectos ascende a 295.296,49€ e a axuda concedida 83.745,02€.
 

Proxectos Non Produtivos Seleccionados de Asociacións:


1.- Servizo de Transporte Adaptado, en Nantón (Cabana de Bergantiños). O orzamento ascende a 42.821,90€, e o importe da axuda sitúase nos 36.655,55€.
2.- O Brandomil Romano e o Camiño de Santiago a Muxía, en Brandomil (Zas). O orzamento ascende a 15.702,50€, e o importe da axuda sitúase nos 7.411,58€.

 

Co que, o montante de investimento aceptado destes 2 proxectos ascende a 58.524,40€ e a axuda concedida 44.067,13€.
 

Enviouse a AGADER a proposta de selección dos proxectos para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e llas enviase aos promotores.

 

Nota: A selección/non selección dos Proxectos Produtivos desta convocatoria está pendente de facerse á espera de que cheguen de Agader as verificacións do Informe de Control de Elexibilidade (ICE) dos proxectos.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

"COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA" NA TELEVISIÓN DE GALICIA.

November 19, 2019

1/3
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo