top of page

A Asociación Costa da Morte GDR informa sobre os proxectos aprobados na actual Medida LEADER do PDR

Vimianzo, 04 de febreiro de 2019. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 28 de xaneiro, tratou os seguintes temas referentes á Medida Leader dentro do PDR de Galicia 2014-2020:

1º.- Aprobación do cadro financeiro da Medida 19.2 para a convocatoria 2019-2020.

O 26/12/2018 publicouse no DOG a asignación de fondos para os GDRs de Galicia para a Medida LEADER para a convocatoria 2019-2020. Estes fondos teñen cofinanciación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), da Consellería do Medio Rural / AGADER e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

> Ao GDR da Costa da Morte correspóndenlle 682.449,05€.

Aprobouse o cadro financeiro coa asignación provisional para Proxectos Produtivos e para Non Produtivos (Concellos e Asociacións) (aquí non están incorporados os fondos para funcionamento e promoción e animación do GDR)

2º.- Informouse aos directivos da execución da Medida LEADER. Dende que se iniciou o actual período (2017) lévanse aprobados 33 proxectos:

> 15 Produtivos > 11 Non produtivos (Concellos e Asociacións) > 7 Do GDR (Funcionamento e Promoción e Animación)

Deses proxectos aprobados nestes dous anos temos as seguintes cifras:

> Inversión Total: 3.751.772 € > Subvención Total: 1.441.231 € > Empregos Creados: 34 > Empregos consolidados: 83 > Nivel de Execución Acadado: 91,23%

Ademais quedaron en lista de agarda outros 15 proxectos por non dispoñer de mais fondos, eses proxectos en lista de agarda suporían as seguintes cifras:

o Inversión Total: 2.556.691 € o Subvención Total: 739.097 € o Empregos Creados: 9,5 o Empregos consolidados: 121

3º.- Proxectos de Promoción e Animación. Acordouse levar a cabo 2 proxectos de promoción e animación para difundir as axudas Leader e valorización de recursos, así como dinamización e divulgación da marca de calidade.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page