A Asociación Costa da Morte GDR informa sobre os proxectos aprobados na actual Medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020

February 4, 2019

Vimianzo, 04 de febreiro de 2019. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 28 de xaneiro, tratou os seguintes temas referentes á Medida Leader dentro do PDR de Galicia 2014-2020:

 

1º.- Aprobación do cadro financeiro da Medida 19.2 para a convocatoria 2019-2020.

O 26/12/2018 publicouse no DOG a asignación de fondos para os GDRs de Galicia para a Medida LEADER para a convocatoria 2019-2020.
Estes fondos teñen cofinanciación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), da Consellería do Medio Rural / AGADER e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

> Ao GDR da Costa da Morte correspóndenlle 682.449,05€.

Aprobouse o cadro financeiro coa asignación provisional para Proxectos Produtivos e para Non Produtivos (Concellos e Asociacións) (aquí non están incorporados os fondos para funcionamento e promoción e animación do GDR)


2º.- Informouse aos directivos da execución da Medida LEADER.
Dende que se iniciou o actual período (2017) lévanse aprobados 33 proxectos:


> 15 Produtivos 
> 11 Non produtivos (Concellos e Asociacións)
> 7 Do GDR (Funcionamento e Promoción e Animación)

 

Deses proxectos aprobados nestes dous anos temos as seguintes cifras:


> Inversión Total:         3.751.772 €
> Subvención Total:     1.441.231 €
> Empregos Creados:             34 
> Empregos consolidados:     83
> Nivel de Execución Acadado:  91,23%

 

Ademais quedaron en lista de agarda outros 15 proxectos por non dispoñer de mais fondos, eses proxectos en lista de agarda suporían as seguintes cifras:
 

o    Inversión Total:          2.556.691 €
o    Subvención Total:         739.097 €
o    Empregos Creados:             9,5
o    Empregos consolidados:    121

 

3º.- Proxectos de Promoción e Animación.
Acordouse levar a cabo 2 proxectos de promoción e animación para difundir as axudas Leader e valorización de recursos, así como dinamización e divulgación  da marca de calidade.

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
   

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)
- www.gdrcostadamorte.com
-Twitter: @GDRCostadamorte
- gdrcostadamorte.wordpress.com
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Vimianzo, 5 de decembro de 2019. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- na reunión, celebrada o pasado 25 de n...

A asociación Costa da Morte GDR aprobou os presupostos de funcionamento e promoción para 2020

December 5, 2019

1/3
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo