top of page

Xornada Informativa para participar do proxecto LOW CARBON INNOVATION

A Asociación Costa da Morte – GDR, xunto co Concello de Zas, está a colaborar coa Fundación Universidade da Coruña na difusión do proxecto LOW CARBON INNOVATION.

Vai haber unha XORNADA INFORMATIVA PARA PARTICIPAR DO PROXECTO LOW CARBON INNOVATION, PARA ASESORAMENTO A PEMES E EMPRENDEDORES

 

DÍA / LUGAR / HORA

Martes 19/06/2018

Centro Sociocultural de Baio

De 10:00 horas a 13:00 horas

 

A esta xornada pode asistir quen queira: ADLs, empresas, emprendedores,…., e logo no programa poderán participar empresas e promotores de calquera sector que queiran incluír melloras ecoeficientes na súa actividade ou desenvolver iniciativas empresariais baseadas nunha economía baixa en carbono.

O proxecto aborda diferentes cuestións relativas ao desenvolvemento dunha economía circular e baixa en carbono, levando a cabo un traballo específico de asesoramento a PYMES e tamén de apoio a novos negocios verdes.

A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA É TOTALMENTE GRATUÍTA, NON VAI TER CUSTO ALGÚN PARA AS EMPRESAS E EMPRENDEDORES QUE PARTICIPEN.

 
 

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page